top of page

Camiñando por Ribadavia

O pasado domingo 1 de maio pasamos unha agradable xornada en Ribadavia, coincidindo coa 53ª Feira do Viño do Ribeiro.

Pola mañán realizamos unha andaina chamada "Do Miño ao Arnoia". Este doado paseo tivo o seu comezo no lugar de A Barca, preto da ponte que salva o río Miño, unindo Salvaterra con Arnoia. Na primeira parte andivemos pola ribeira do Miño. Posteriormente chegamos o balneario, onde collemos un paseo con chan de terra que vai pola marxe do río Arnoia e que nos leva ata a área de lecer de Caneirón. Achegámonos logo a antiga casa reitoral (hoxe establecemento hosteleiro) e a igrexa de San Salvador, en Outeiro Cruz. O camiño de volta fixémolo pola outra ribeira do Arnoia. Esta camiñata, de uns 12 quilómetros, durou aproximadamente 4 horas.

Unha vez rematamos o paseo disfrutamos da Feira do Viño do Ribeiro. Recorremos os seus postos, probamos o viño e comemos uns ricos pinchos.

Foi un domingo moi ameno!

Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
No hay etiquetas aún.
Follow Us
  • Facebook Black Square
  • Twitter Black Square
  • Google+ Black Square
bottom of page