top of page

Actividades en marcha

Contamos con numerosas actividades destinadas a públicos diferentes. Neste apartado teredes toda a información referente as que se están desenvolvendo neste momento para incorporarte o antes posible.   

ximnasia.jpg
Programa: Ponte en forma
A partir de outubro os martes e xoves en horario de 19:00 a 20:00 levaremos a cabo un programa de exercicio: Zumba, aerobic, tonificación, mantemento, body combat, exercicios hipopresivos...

Instalacións deportivas A Mezquita

Aberto de luns a venres en horario de 9:00 a 20:00.

Cartel ESA.png
cartel competencias.png
Graduado e Competencias Clave

Realízanse clases diarias para a obtención do Graduado en Educacións Secundaria e Competencias Clave Nivel 2 e 3. Existe un convenio co IES San Clemente de Santiago de Compostela para adquirir o título de Graduado, consiste nun sistema online e progresivo no que é determinante a autonomía do alumno. No caso das Competencias Clave, realízanse clases semanais para a preparación da proba que se celebrará en Silleda. Contamos coun grupo de Graduado en A Mezquita e dous grupos de Competencias Clave, un en A Mezquita e outro en Viana do Bolo. 

 

Dinamización para a interrelación xeracional

Esta actividade desenvolvese no Concello de A Mezquita e está centrada nalgúns dos ámbitos da educación social, como a educación  en valores e o envellecemento activo da poboación. Os beneficiarios poden adquirir coñecementos sobre a importancia da interrrelación entre diferentes xeracións, creando deste xeito, un vínculo de unión entre os/as beneficiarios/as.

 

cartil tic´s.png
Alfabetización da poboación adulta a través das Tic's

Esta medida lévase a cabo no Concello de A Mezquita e ten por obxecto acadar a alfabetización da poboación adulta a través das Tic's. A asociación pretende que a aprendizaxe  sexa un proceso participativo, sustentado no traballo en equipo. Noutras palabras, a aprendizaxe será entendido como un proceso que se deriva da experiencia, a acción e o traballo común tanto a nivel virtual como físico.

 

CRECEMOS XOGANDO.jpg
Crecemos Xogando

Crecemos Xogando é un conxunto de actividades encamiñadas á conciliación familiar. En horario de 9:00 a 16:00, de luns a vernes, lévanse a cabo actividades destinadas a nenos de 0-3 anos. Pretendemos mellorar a calidade de vida das familias do rural para as que a compatibiliade entre vida familiar e laboral é unha problemática. Operación cofinanciada pola Unión Europea a traves do Fondo Social Europeo "Invierte en tu futuro".  

Actividades Extraescolares

De luns a venres, de 16:00 a 18:00 contamos con actividades dirixidas á infancia. 

-Fútbol Sala

-Patinaxe

-Pintura

-Reforzo escolar

-Actividades coa terceira idade

-Baile

-Piscina

-Pandeireta

 

Estas actividades teñen a mesma duración que o curso escolar.

 

bottom of page