ASOCIACIÓN OS TRES REINOS
ENTIDADE SEN ÁNIMO DE LUCRO A MEZQUITA
RURAL INFANCIA
DINAMIZACIÓN
ACTIVIDADES
TIEMPO DE OCIO
TERCEIRA IDADE
XUVENTUDE
VOLUNTARIADO INCLUSIÓN SOCIAL
Nós
Somos unha Asociación cultural, social, económica i ecolóxica
situada no Concello de A Mezquita, limitando con Zamora e Portugal. Realizamos actividades que permitan poñer en valor o rural e dinamizar o tempo libre dos nosos usuarios.
Motivación
A falta de recursos no rural fai que a población se traslade a outras comunidades, o que provoca unha despoboación e unha elevada taxa de población envellecida. A nosa motivación é crear unha atmosfera adecuada para evitar, na medida do posible, esta situación.
Proxectos
Traballamos con diferentes institucións (Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo...) e empresas para desenvolver proxectos encamiñados a mellorar a vida no rural, involucrando a distintos sectores da poboación.
Finalidade
A nosa finalidade é promover actividades para dinamizar a vida da nosa poboación, ocupar o seu tempo de ocio e revalorizar a vida no rural.
ÚLTIMOS PROXECTOS
Inclusión social
O noso proxecto de Inclusión Social, apoiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo é un dos máis destacables. A través deste realizanse actividades encamiñadas a formación de persoas en risco de exclusión social.
Programas de cooperación

Actualmente contamos cunha subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro, programa operativo de emprego xuvenil(TR352C). O noso proyecto denominado"Medra o Rural: desenvolvemento integral do medio rural" está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria meidante a resolución de data 22/08/2018, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Esta subvención permitíu a contratación de dúas xovenes traballadoras para levar a cabo un proxecto de prestación de servizos sociais, un finanzamento que permite prestar este servizo á vez que oferta a posibilidade de adquirir experiencia profesional aos traballadores.


