Vivencias dunha voluntaria
O pasado verán tiven a sorte de poder participar no programa de Voluntariado que ofertou a Xunta de Galicia. Eu descoñecía todo isto, pero grazas a Asociación O Tres Reinos de A Mezquita, sumeime o voluntariado, facendo nese mesmo lugar. Cando comecei non tiña nin a mais mínima idea do que realizaría, pero a medida que pasaron os días, fun coñecendo diversos aspectos, os cales seguen presentes no meu día a día. No que máis me involucrei foron nos campamentos de verán, tanto no mesmo pobo como no que se realizou en Vilariño de Conso.
Grazas a confianza que se me deu desde un primeiro momento aprendín a planificar e a realizar campamentos, tamén me aportaron una gran cantidade de coñecementos nestas actividades. Pero o que máis me impactou foi que descubrín un gran ámbito para desenvolver a miña actividade profesional, un traballo que me apasiona, que me fai sentir cómoda.
Un ano despois curso terceiro de Educación Social, e actualmente realizo as miñas primeiras prácticas da carreira, e dende o momento que finalicei o meu voluntariado tiven claro o ámbito no que quería desenvolver esta parte do meu grado, no ocio e tempo libre.
Finalmente dicir que é mais que recomendable para as demais persoas que teñan a oportunidade de poder facelo, que non o dubiden nin un segundo xa que adquires unha gran cantidade de contidos moi interesantes e valiosos.