

Camiñando por Ribadavia
O pasado domingo 1 de maio pasamos unha agradable xornada en Ribadavia, coincidindo coa 53ª Feira do Viño do Ribeiro. Pola mañán realizamos unha andaina chamada "Do Miño ao Arnoia". Este doado paseo tivo o seu comezo no lugar de A Barca, preto da ponte que salva o río Miño, unindo Salvaterra con Arnoia. Na primeira parte andivemos pola ribeira do Miño. Posteriormente chegamos o balneario, onde collemos un paseo con chan de terra que vai pola marxe do río Arnoia e que nos leva