ENTIDADE SEN ÁNIMO DE LUCRO A MEZQUITA

RURAL   INFANCIA

DINAMIZACIÓN 

ACTIVIDADES

TIEMPO DE OCIO

TERCEIRA IDADE 

XUVENTUDE

VOLUNTARIADO INCLUSIÓN SOCIAL

Nós

Somos unha Asociación cultural, social, económica i ecolóxica 

situada no Concello de A Mezquita, limitando con Zamora e Portugal. Realizamos actividades que permitan poñer en valor o rural e dinamizar o tempo libre dos nosos usuarios.

Motivación

A falta de recursos no rural  fai que a población se traslade a outras comunidades, o que provoca unha despoboación e unha elevada taxa de población envellecida. A nosa motivación é crear unha atmosfera adecuada para evitar, na medida do posible, esta situación.

Proxectos

Traballamos con diferentes institucións (Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo...) e empresas para desenvolver proxectos encamiñados a mellorar a vida no rural, involucrando a distintos sectores da poboación. 

Finalidade

A nosa finalidade é promover actividades para dinamizar a vida da nosa poboación, ocupar o seu tempo de ocio e revalorizar a vida no rural. 

ÚLTIMOS PROXECTOS

Inclusión social

O noso proxecto de Inclusión Social, apoiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo é un dos máis destacables.  A través deste realizanse actividades encamiñadas a formación de persoas en risco de exclusión social. 

Programas de cooperación

Actualmente contamos cunha subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro, programa operativo de emprego xuvenil(TR352C). O noso proyecto denominado"Medra o Rural: desenvolvemento integral do medio rural" está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria meidante a resolución de data 22/08/2018, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.  Esta subvención permitíu a contratación de dúas xovenes traballadoras para levar a cabo un proxecto de prestación de servizos sociais, un finanzamento que permite prestar este servizo á vez que oferta a posibilidade de adquirir experiencia profesional aos traballadores. 

© 2023 by Nature Org. Proudly created with Wix.com

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now
DSC00053